- Este evento ha pasado.
QUEN DIXO MEDO! (TEIS)
2 marzo 20:00
14€O medo é libre.Quen ten cú ten medo.A mil cousas, á escuridade, á morte, a quedarse en branco nun escenario…Blanco e Digón xogan, literalmente, arriscan, brincan co público, avisan… Parte deste show será improvisado, o propio espectador, libremente, decide a temática a tratar.Tan só unha parte, eh?Digón e Blanco están curtidos en mil batallas, mil escenarios. Pero o risco está aí, a adrenalina flúe cada noite cando escoitan desde o camarín o besbello da xente acomodándose, ese motor que pon en marchamos os cinco sentidos do cómico.E logo está o de internet, pero esa é outra historia.QUEN DIXO MEDO son mil. Ou máis. Mil e unha historias.Podes pedir segunda taza porque cada show varía. Imposible aburrirse.Non.QUEN DIXO MEDO son monólogos, claro, da man de dous consumados e aplaudidos monologuistas. Un da Arousa e outro dos Ancares.Pero tamén diálogo, xogo, interacción co público, diversión garantizada.9 de cada 10 especialistas recomendan a risa como terapia.E o outro ten ardor de estómago, pobre.QUEN DIXO MEDO?Eh?