Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Curso de Impro, Iniciación (Vigo)

mayo 26 @ 10:00 am - 9:00 pm

MONOGRÁFICO INTRODUCIÓN Á TÉCNICA DA IMPROVISACIÓN NAS ARTES ESCÉNCIAS

IMPARTIDO POR: OSWALDO DIGÓN ALBA e MARTA IGLESIAS

TEMPORALIZACIÓN:
HORARIO MAÑANA: 10:00 a 14:00h HORARIO TARDE 16:00 a 19:00h

ALUMNOS:
Maiores de 16 anos con independencia do seu nivel en coñecementos de interpretación.

GRUPO:
Mínimo de 6 alumnos máximo de 12

INTRODUCIÓN:
A Improvisación é estar listo para responder a calquera situación que se nos presente e poder seguir adiante a pesar do cambio nas condicións. Dito doutra forma: A única constante na nosa vida é o cambio, polo que a improvisación é parte da nosa vida diaria. O teatro de improvisación é unha técnica específica na cal os actores sen un guión preestablecido nin personaxes creados con anterioridade, crean unha escena con ideas outorgadas polo público. É dicir, que co tempo limitado e cos recursos dispoñibles soamente nese momento, entregan un produto satisfactorio e a medida.
Neste monográfico desenvólvese un primeiro achegamento á técnica da improvisación teatral e de como ese adestramento ensinaranos a alcanzar e a reforzar unha gama de recursos que acheguen respostas efectivas ante a creazon de escenas teatrais espontáneas

OBXECTIVOS:
– COÑECEMENTO E CONSCIENTE DA TÉCNICA DE IMPROVISACIÓN TEATRAL.
– A ESCOITA ACTIVA A FAVOR DA ESCENA
– A REDUCCIÓN DO EGO ESCÉNICO.
– FOMENTAR AS COMPETENCIAS COMUNICATIVAS E NARRATIVAS
– DESENVOLVEMENTO DA AFIRMACIÓN COHERENTE
– IMPULSAR A COMUNICACIÓN ASERTIVA DE FORMA RESPECTUOSA E TOLERANTE. – POTENCIAR A CAPACIDADE PROPOSITIVA.
– DESENVOLVEMENTO DA INTELIXENCIA SOCIAL
– PROMOVER O PENSAMIENTO CRÍTICO
– INTEGRAR A EXTRAPOLACIÓN DE SIGNIFICACOS

CONTIDO
-ESCOITA
-ACEPTACIÓN -CAPACIDADE PROPOSITIVA -DESBLOQUEOS -A PALABRA IMPROVISADA

– A ACCIÓN
– O PROPOSTAS
– DINÁMICAS DE ESPECTÁLOS DE IMPROVISACIÓN.

TEMAS TRANSVERSAIS:
– MEMORIA
– TRABALLO EN EQUIPO
– COMUNICACIÓN ASERTIVA – CREATIVIDADE

– INTELIXENCIA SOCIAL
– EXTRAPOLACIÓN DE SIGNIFICACOS – MOTIVACIÓN – PENSAMENTO LATERAL

METODLOXÍA
-COÑECEMENTO E MELLORA DA ESTRUTURA NARRATIVA
-O ESPAZO
-O STATUS
-O FOCO
-MOTORES
-FORMULACIÓN -IMPROVISACIÓNS EN ESCENA
– INTRODUCIÓN. Acórdase o que se traballará na clase
– QUECEMENTO. Exercicios de quecemento corporal e mental.
– DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS
– REFLEXIÓN. Exponse en conxunto as experiencias, conclusións e avaliación da xornada.

ACTIVIDADES E TAREFAS PROPOSTAS:
Todas as actividades enfócanse desde o xogo e a súa posterior reflexión e significado dentro do contido do curso e como se poden enfocar no traballo cos alumnos.

Matrícula:

50€

Inscripciones en: info@oswaldodigon.com

Detalles

Fecha:
mayo 26
Hora:
10:00 am - 9:00 pm
Evento Categorías:
,
Pagina Web:
http://www.oswaldodigon.com

Lugar

The City Vigo
Rúa dos Irmandiños 17 BJ
Vigo, Pontevedra 36201
+ Google Map