Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

COLECCIONISTAS (Illa de Arousa)

abril 14 @ 9:00 pm - 10:30 pm

Os espectadores asistirán en cada función ás máis orixinais reinterpretacións dalgunhas das obras de arte máis coñecidas.

A historia da arte chega aos teatros. Faino da man de Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay, os protagonistas de‘Coleccionistas’, un novo espectáculo de comedia cargado de sorpresas no que o importante non só acontecerá sobre o escenario.

Os espectadores de cada función converteranse por unha noite en afamados coleccionistas das mellores obras de arte, dispostos a participar nunha gran poxa. Pereiro, Digón e Romay, responsables de tan importante evento, encargaranse de describir con todo luxo de detalles a historia, o anecdotario ou o proceso de creación de cada un dos cadros, cando non a vida do artista.

Comedia e arte mesturaranse nun espectáculo irrepetible que visitará once localidades do país desde o 14 de abril, cando terá lugar a estrea na Illa de Arousa. O resto de vilas e cidades que completarán a xira serán NegreiraRibadeoCee, A Coruña, PonteareasVerínMelideLugoO Carballiño e Vigo.

‘Coleccionistas’ contará ademais coa música en directo do mestre Cristian Leggiero, que acompañará o relato de cada unha das obras seleccionadas polo público.

Oswaldo Digón dirixe este novo espectáculo no que participa Ainé Producións, que terá tamén unha vertente solidaria. E é que o público participará realmente nesa poxa, achegando a súa oferta para levar un dos cadros ao sair do teatro. O importe recadado será destinado a unha entidade social sen ánimo de lucro de cada localidade.

Detalles

Fecha:
abril 14
Hora:
9:00 pm - 10:30 pm
Evento Categorías:
, , ,
Pagina Web:
http://aine.gal/espectaculos/coleccionistas/

Organizador

Aine
Pagina Web:
www.aine.gal

Otro

Venta de entradas:
https://coleccionistas.aine.gal/

Lugar

Auditoiro Illa de Arousa
Rua Palmeira 29
Illa de Arousa, Pontevedra 36626 España
+ Google Map